Eventos

Buscador

    a
Con este obradoiro preténdese achegar as empresas unhas das ferramentas crave para a atracción e fidelización de clientes no mundo turístico actual: O Plan de Marketing Dixital. Traballarase o deseño estratéxico e a implementación dende un enfoque práctico orientado a resultados.

Índice de contidos:
1. ¿Por qué un Plan de Marketing Dixital?
2. Elementos diferenciadores do Plan de Marketing Dixital no Turismo 
· A "persoa" obxectivo
· Os contidos e o SEO
· A lenguaxe dixital: ton de voz
· Redes sociais e influencers
· A xestión da reputación online
· Canles de venta e comparadores
3. Exemplos prácticos

Este obradoiro será impartido por Leticia Pérez, Licenciada en Administración e Dirección de Empresas e Licenciada en Dereito  pola Universidade Pontificia Comillas - ICADE e Master en Creatividade Publicitaria, leva máis de 10 anos deseñando e implementando estratexias de Marketing, dos que máis de 7 en entornos dixitais para empresas de Servizos, Cultura e Turismo.
O numero de consumidores que empregan habitualmente un dispositivo mobil para facer pagos, xa sexa un smartphone, tableta ou portatil, triplicouse no ultimo ano.

Este obradoiro ten como obxetivo dar a coñecer os diversos servizos que nos permiten empregar os nosos dispositivos mobiles como eficaces e seguras ferramentas de pago.

Índice de contidos
• Introdución: Historia e evolución dos medios de pago
• NFC e Contactless
• Servizos bancarios para pagos móbiles
• Apps móbiles

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar como organizar noso e- commerce a través da configuración das categorías, produtos, loxística e métodos de pago. Tamén veremos como configurar a nosa tenda a través dos pedidos e clientes.

Índice de contidos
• Categorías
• Produtos
• Loxística
• Métodos de pago
• Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes
• Recursos WEB

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
As follas de cálculo son un dos programas máis estendidos no ámbito empresarial dada a súa versatilidade e posibilidades, pero de cando en cando aproveitamos o seu potencial real. Neste obradoiro, enfocado para usuarios con coñecementos previos en follas de cálculo, abordarase o uso de funcións avanzadas e as posibilidades que existen ao combinar varias delas. En próximas edicións continuaremos profundando na materia.

Índice de contidos
1.- Introdución: As follas de cálculo e a súa utilidade
2.- As referencias a celas e a rangos
3.- Funcións matemáticas simples
4.- Funcións lóxicas ou de control de fluxo
5.- Funcións matemáticas condicionais
6.- Funcións de procura e de referencia

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.