Eventos

Buscador

    a
Este taller ten como obxectivo expoñer as vantaxes dunha eficiente xestión do tempo para mellorar a produtividade laboral, así como poñer a disposición dos asistentes as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo.

Índice de contidos
1º.  Trello
• Que é?
• Por que utilizalo?
• Comezado con  Trello
2º. Outros xestores de proxectos e tarefas                                       
3º.  TOGGL: Contador de tempo

O taller será impartido por Laura Carreira, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e  Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o márketing dixital.
Neste obradoiro mostrase a autónomos e micropemes a evolución e tendencias do comercio electrónico, as ferramentas que existen e que están á súa disposición e os aspectos chave que deben ter en conta á hora de optar por unha ou outra solución.

Índice de contidos
• Evolución e perspectivas do comercio electrónico en España
• Tipos de plataformas de venda en liña
• Como elixir a plataforma máis adecuada para o teu negocio

O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.

O obxectivo deste taller e proporcionar a autónomos emprendedores e pequenas empresas guías e solucións para que poidan mellorar significativamente a seguridade dos seus equipos informáticos dándolles un uso adecuado.

O taller esta orientado a empleados de pequenas empresas, emprendedores e autónomos con coñecementos básicos de informática, coa intención de fomentar unha cultura de Seguridade Informática adecuada.

Índice de contidos

1º Seguridade informática
• Principios da seguridade informática: confidencialidade, integridade e dispoñibilidade
• Protección de usuarios equipos e datos
• Copias de seguridade: estratexias e planificación
• Boas practicas e consellos
• Caixa de ferramentas

2º Seguridade na rede
• Que é un hacker? Tipos de hackers que debes coñecer
• Perigos na rede: Tipos de malware infeccioso, malware oculto e malware para obter beneficio
• Correos electrónicos: problemáticas e perigos
• Boas practicas e consellos
• Caixa de ferramentas

3º Seguridade nas comunicacións
• Identidades na rede
• Autenticación, claves e contrasinais
• Perigos nas comunicacións: redes sociais, chats, cámara web, fotografías
• Boas practicas e consellos
• Caixa de ferramentas

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.