Eventos

Buscador

    a
Neste obradoiro levaremos a cabo instalacións dalgún dos CRM’s máis utilizados. Estudaremos as peculiaridades das instalacións en cada caso, procedendo á parametrización necesaria para a súa utilización. Veremos como importar datos, como salvar datos, ou como cambiar o interface a castelán. Verase unha aproximación ao paquete  Odoo, centrándonos na parte  CRM.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.



"Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar como organizar noso e- commerce a través da configuración das categorías, produtos, loxística e métodos de pago. Tamén veremos como configurar a nosa tenda a través dos pedidos e clientes.

Índice de contidos
• Categorías
• Produtos
• Loxística
• Métodos de pago
• Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes
• Recursos WEB

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma.

Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. 

Índice de contidos
•   Introdución a Instagram
•  Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
•  O perfil de empresa en Instagram
•  Estratexia de contidos
•  Marcas nas que inspirarte


O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Poderemos ver aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear a nosa tenda online, además do proceso de instalación da plataforma.

Índice de contidos
• Introdución
• Aspectos a ter en conta nunha tenda online
• Prestashop: concepto e proceso de intalación
• Instalación dunha plantilla
• Personalización dunha plantilla
• Recursos web

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Neste obradoiro daranse a coñecer as ferramentas e aplicacións imprescindibles para o sector legal.

Índice de contidos
• A dixitalización dos bufetes
• Ferramentas 
• Aplicacións imprescindibles

O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.

Neste taller práctico aprenderás as cuestións básicas da túa cámara para que poidas obter as fotos que ti queres e non as que ela faga por si soa. Coñecerás que tipo de iluminación podes usar para fotografar os produtos e como preparar a foto para subila a redes sociais ou a unha páxina web. 

Índice de contidos

• Introdución
• Coñeces a túa cámara? Simulador virtual de cámara.
• Equipo necesario: iluminación, fondo, e/ou cubo de luz.
• Técnicas de fotografía no sector Moda.
• Para a práctica tomar en conta o seguinte:

1º  É indispensable o uso dunha cámara digital que teña o modo manual. 
2º Cada participante pode traer unha peza, xa sexa roupa (coa súa percha) ou calzado. Si alguén quere levar un maniquí tamén é aceptable.
3º En caso de non dispoñer de cámara digital pódese aceptar o uso do móbil, a condición de que a cámara deste sexa de máis de 10 megapíxeles. E haberse descargado a aplicación Camera Zoon FX (para Android) ou Camera (para iOS).
•  Edición e preparación da foto para subila a internet.

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.