Eventos

Buscador

    a
Co obxectivo de achegar e promover o coñecemento e os servizos tecnolóxicos aplicados ao ámbito turístico,  TurisTIC comeza a súa programación de eventos baixo a denominación "ENCONTROS DEMOSTRACIÓN TIC", que servirán de escaparate e punto de encontro entre ambas as partes, as empresas turísticas e as tecnolóxicas.

Terá lugar na sala de actos da 1ª planta do edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra.

Relación de solucións tecnolóxicas:

1.ENQUISAS SATISFACCIÓN CLIENTES/PANTALLAS TÁCTILES/CASETAS

2.  APPS/  GUIAS MULTIMEDIA

3. SISTEMAS DE TENDA EN LIÑA / TPV LOCAL

4. FERRAMENTAS PARA A XESTIÓN E VENDA EN LIÑA DE EMPRESAS TURÍSTICAS: motor reservas,  channel  manager e programa de xestión

5. MÁRKETING E COMUNICACIÓN TURÍSTICA

6. PLATAFORMA DE TURISMO SOCIAL E COLABORATIVO

7.  ERPS (XESTIÓN INTERNA),  CRMS (XESTIÓN DE CLIENTE), TENDAS  ONLINE E WEBS DE RESERVAS
Neste primeiro módulo sobre o correcto uso da tipografía, veremos o que comprende ao  glifo ou letra. Asentaremos deste xeito unha base sólida para o seguinte, cuxa temática será o corpo de texto e a súa maquetación. 

Así pois, imos aprender a distinguir os diferentes grupos tipográficos xunto ás súas características principais e familias para o seu correcto uso. Veremos tamén os erros máis comúns e a diferenza visual que presenta o soporte dixital respecto ao papel para o uso  tipográfico. Para pechar o módulo, achegarémonos ao desafío de combinar diferentes tipografías entre si de forma acertada, engadindo desta forma mellores matices e maior dinamismo á nosa comunicación. 

Para realizar os exercicios vai necesitar ter unha conta creada no programa  online de deseño Canva. com cun correo electrónico. Este correo debémosllo facilitar ao relator ao comezo do taller. 

Índice de contidos:
-	Que é a tipografía?
-	Datos históricos de interese
-	Clasificación das tipografías segundo a  Vox- ATypl
-	Anatomía cha tipografía
-	Familias  tipográficas e os seus variables
-	Signos de puntuación
-	Combinación  tipográfica. 

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Neste obradoiro analizaremos a tecnoloxía de Cloud computing, incidindo nas súas vantaxes e inconvenientes. Repasaremos os múltiples servizos que podemos implementar coa tecnoloxía  de Cloud  computing, parándonos no servizo de almacenamento distribuído. E como exemplo implantaremos unha instancia de  NextCloud, gozando das múltiples opcións e posibilidades que nos ofrece este software gratuíto.

Índice de Contido: 
1.- Que é Cloud computing?
2.- Características de Cloud computing.
3.- Vantaxes e desvantaxes de Cloud computing.
4.- Servizos de Cloud computing.
5.- Exemplo práctico:  NextCloud nosa nube privada.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Índice de contidos:

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. 
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. 
Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible.

Índice de contidos

•  Introdución a LinkedIn
•  Como funciona LinkedIn
•  Optimización de perfil
•  Xeración de rede de contactos
•  Creación de páxina de empresas
•  Recomendacións finais

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.