Eventos

Buscador

    a
Neste obradoiro móstranse as pautas para retocar as imaxes para páxina web e redes sociais desde o  teléfono móbil . Ademais veremos como mellorar o momento da captura da imaxe para ter arquivos de maior calidade no retoque.

Usaranse ferramentas gratuítas dispoñibles para  iOs e  Android:   SnapSeed e  Polarr  Photo Editor. 

É necesario telas instaladas previamente para poder realizar as prácticas deste obradoiro.

Índice de contidos
• Introdución:  débese retocar?
• Axudemos ao noso móbil para conseguir un bo arquivo para retocar.
• Práctica: Fotografar un bodegón co móbil.
•  SnapSeed : Ver o histograma e entendelo.
• Axustar a imaxe valorando o histograma ( luz, contraste , sombras..)
• Transformar a imaxe ( cortar, dar relación de aspecto e rotar )
• Corrección de imperfeccións coa ferramenta  tirita.
• Edición puntual , o segredo dun bo retoque.
• Gardar arquivo  editable e arquivo final.
•  Polarr  Photo Editor : exportar a un tamaño preestablecido e engadir marca de auga nas nosas fotografías. 

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Neste obradoiro aproximarémonos ao mundo do IoT. Describiremos que é, cales son as súas características e os elementos que interveñen. Co fin de aproximar esta tecnoloxía aos usuarios, farase unha pequena demostración.

Índice de contidos: 

-	Que é  IoT?
-	Manifesto  IoT de Arduino.
-	Elementos que interveñen en IoT.
-	As tres preguntas para calquera proxecto  IoT.
-	Pequena demostración práctica.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.