Eventos

Buscador

    a
Neste taller nos aproximaremos á tecnoloxía de virtualización. Veremos as múltiples vantaxes que nos ofrece esta tecnoloxía e porque o mundo informático e todas as empresas queren empregar esta tecnoloxía. Analizaremos como podemos empregala na nosa empresa e obter o máximo beneficio. Finalmente realizaremos un caso de virtualización práctico para constatar o fácil que é utilizar esta tecnoloxía.

Índice de contidos: 

1.- Que é a virtualización?
2.- Obxectivos da virtualización.
3.- Vantaxes da virtualización.
4.- Tipos de virtualización.
5.- Cloud computing e, a maior paradigma de virtualización.
6.- Exemplo práctico da Virtualización.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a súa propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente.

Baseado no xestor de contidos Woocommerce, este taller intégrase nun itinerario formativo de comercio electrónico que ten a súa continuación co módulo 2 do devandito taller.

Debido a que o taller partirá da asunción de certos coñecementos informáticos básicos por parte do asistente considérase que teñen un nivel medio de dificultade.

O obradoiro impartirase no viveiro de empresas de A Estrada.

Índice de contidos
• Xestores de tendas online: Prestashop, Magento, WooCommerce
• Elixir un entorno de aloxamento rápido e seguro
• Instalación de Woocommerce
• Elixir o tema adecuado para a tua web
• Métodos de pago e métodos de entrega
• Engadir categorías e productos