Eventos

Buscador

    a
Obxectivo: 
Este obradoiro ten como obxectivo dar a coñecer diversas ferramentas de xestión e monitorización para as diferentes redes sociais nas que teña presenza a empresa. Estas ferramentas permiten a optimización de recursos e fan máis sinxela e eficiente a execución do plan de redes sociaisda empresa. 
Analizarase en profundidade a ferramenta Hootsuite, unha das más populares en la gestión unificada de varios perfiles de empresa, ademais de ferramentas específicas con particularidades para cada rede social.

Contidos:
•	Introdución: Necesidade de ferramentas de xestión e as súas características
•	Ferramenta de xestión unificada: Hootsuite
•	Funcionalidades
•	Comeza a utilizar Hootsuite coas túas redes sociais

Relator: o obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web
Obxectivo:

Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos. Valoraremos ferramentas que lles facilitan ós seus clientes actuais e futuros un acceso rápido á información sobre a nosa empresa, os seus produtos, servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. 
Contidos:
•	Introdución: mercadotecnia dixital
•	Mercadotecnia sectorial
•	Mercadotecnia viral
•	E-mail marketing
•	Publicidade

Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.