Eventos

Buscador

    a
Obxectivo:
Nesta liña de traballo, en SmartPeme propoñémoste un obradoiro dirixido a pemes e autónomos que queiran potenciar a rede social de Facebook para a consecución dos seus obxectivos, como a posta en marcha de promocións, o aumento de persoas seguidoras ou mesmo a creación dunha tenda en liña.
No obradoiro aprenderás a alcanzar estes obxectivos a través destas aplicacións externas, que se integran perfectamente na rede social.

Contidos:
•	Introdución
•	Crear novas aplicacións e pestanas en Facebook
•	Práctica: “Crear unha pequena tenda en liña en Facebook”
•	CoolTabs
•	EasyPromos
•	Trisocial
•	Tuapli

Relator: o obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obxectivo:

Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio.

Contido: 
- Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces
- Termos máis usados no deseño gráfico
- Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe.
- Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes.
- Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual.
- Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños.
- Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños.
- Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa)
- Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com)



Relator: o obradoiro será impartido por Andrés Carrera, Inxeneiro Informático pola Universidade de Alcalá. Analista con máis de oito anos de experiencia no deseño, desenrolo e implementación de solucións software para empresas. Especialista en Aseguramento de Calidade do Software.