Eventos
Eventos
Buscador
Posiblemente cando precisas comprar algún produto ou contratar un servizo, páraste a mirar se están en Instagram, Facebook, Pinterest, entre outras, buscando recomendacións e comentarios doutros compradores, así como ofertas, descontos, etc. Marcas moi coñecidas teñen conseguido crearse unha identidade propia coas súas fotos destinadas a redes sociais, e outras mais pequenas ou menos coñecidas comezan a seguir unha estratexia entendendo que o esencial nas redes sociais e a imaxe creativa que logre captar a atención dos internautas. Neste taller proporcionarásete as ferramentas e ideas para que traballes as fotos do teu produto ou servizo para as redes sociais. Contido: 1.- A fotografía para comercio electrónico versus a fotografía para redes sociais 2.- Humaniza os teus produtos ou servizos mediante imaxes sinxelas pero vistosas. 4.- Os rostros da túa empresa: A foto corporativa 5.- Como aumentar a conversión do teu negocio a través das fotos que se fan os teus clientes con teus produtos 6.- Práctica Relator: Nirioxis Rodríguez Pérez é Técnica Superior en Fotografía Artística pola Escola de Arte Superior e Deseño Mestre Mateo, con máis de 6 anos de experiencia. Especialista en Fotografía de produtos; fotografía corporativa; fotografía de alimentos e fotografía de interiores.
Obxectivos: Este obradoiro ten como obxectivo axudar a empresa nas procuras en Google para aforrar tempo e esforzo. Hoxe en día millóns de persoas utilizan este buscador, pero a maior parte dos usuarios non o usan de forma eficiente, pois existen varios comandos (uns coñecidos e outros non tanto) que nos permiten realizar unha busca máis exacta. O que se trata con esta actividade é facilitar á empresa o uso desta ferramenta e facer máis eficientes as súas procuras. Contidos: • Introdución: que é google? Como funciona? Que é a nube? • Uso eficiente de google • Google Apps: que é?, versións, produtos e utilidades • Obradoiro práctico O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xaneiro 2017 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento