Eventos
Eventos
Buscador
22/03/2018 19:00
Trataremos a revolución do turismo a través das tecnoloxías móbiles, desde cómo se foron incorporando estas tecnoloxías á columna vertebral do sector ata como se foron implantando estas solucións no público xeral que consome produtos e destinos turísticos. Competir con produtos globais como Airbnb, Uber e un longo etcétera só é posible coñecendo profundamente o local, explotando ese coñecemento e dixitalizándoo para incorporarse como peixes nun océano a ese mar dixital. Coñecer estas claves é o obxecto desta charla de traballo. Casos prácticos: Vigoexperience (Guía de Vigo). Metrominuto Pontevedra (Promovendo a mobilidade). Calixtina e Camiña ( iBeacons e internet das cousas aplicados ás guías multimedia) App Terras de Pontevedra (Arte Rupestre en Pontevedra). Esta charla será impartida por Chiu Longina, antropólogo especializado en tecnoloxía e fundador do estudo Pumpún Dixital, un laboratorio de software e hardware pioneiro en proxectos en contornas de Computer vision, Mapped vídeo projection, síntese sonora, comunicación [ OSC] ou Realidade Aumentada. Membro fundador de portais como Mediateletipos.net, Artesonoro. org, Sinsalaudio, Alg-a. org ou Escoitar. org.
22/03/2018 19:00
Coñecer as diferentes TICs e os usos mais apropiados e comprender como utilizalas para así facilitar a xestión e a toma de decisións en tempo real, disminuir costes e tempo, e melloramento continuo da calidade e cantidade de información. Coñecer casos de éxito de empresas referentes e os impactos na produtividade a través da aplicación das tecnoloxías dixitais. Evaluar os retos e as solucións propostas para realizar a integración destas tecnoloxías cas prácticas convencionais. Índice de contidos: • Optimización dos procesos productivos (SIG, Sitemas TD, GPS, AMZ&RFID): o Información espacial o Seguemento dos recursos terrestres o Climatoloxía o Identificación por radiofrecuencia • Desenrrolo de modelos de xestión (ERP, SGA, CRM, BPM): o Control de explotacións o Control de almacén o Xestión de clientes o Xestión de procesos • Comercialización dixital dos productos: o E-Commerce o Posicionamento Web o Email marketing o Redes Sociais • Aplicacións móviles • Casos de éxito O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC
Este obradoiro informativo está orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira máis detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. Índice de contidos • Factores para mellorar a túa presenza en internet • Introdución en redes sociais • SMP-Social Media Plan en redes sociais • Técnicas de vendas en redes sociais • Recomendacións de actuación • Casos de éxito: exemplos reais sobre éxito en redes sociais O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital
22/03/2018 19:00
Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para eliminar brillos. Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga unha vez publicada. Índice de contidos Preparar o vehículo para a sesión fotográfica. Coñecementos básicos de fotografía para o móbil e cámara profesional. A localización ¿Que fondo usar para que o coche destaque? O foto reportaxe ¿Cantas fotografías tomar e que planos usar para describir un vehículo? Os mellores momentos do día e por que. Que é o raw , e por que é necesario. Retoque dixital – Horquillado e HDR para mellorar a exposición Preparación de la foto para subila a internet. Práctica. O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.