Eventos

Buscador

    a
Neste obradoiro explicaranse os conceptos básicos para poder instalar e configurar unha devasa de software libre, para protexer a nosa rede privada. Evitando na medida do posible, ataques desde o exterior, roubo de información, accesos indebidos, etc.

Índice de contidos

Que é un Firewall ou devasa?
Como funciona?
Regras dun Firewall.
Tipos de Firewall.
Distribucións Firewall gratuítas.

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando máis de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a sua propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente

Índice de contidos

• Configuración avanzada dos productos
• Crear promocions, descontos e outras características extra
• Engadir proteccions profesionais para os datos dos teus clientes
• Addons para woocommerce


O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.