Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro pretende profundar e ampliar os coñecementos acerca da placa de Arduino. Daranse os primeiros pasos no desenvolvemento de proxectos, a utilización de sensores e mostraranse as posibilidades que ofrece para a construción de dispositivos dixitais.

 Índice de contidos

- Coñecemento Libre  vs Gratis.
- Que é un robot?
- Elementos dunha placa controladora
-  Pines Dixitais e Analóxicos
- Primeiro Contacto Físico con "Un Cerebro de Robot"
- Que son Sensores, como funcionan e facelos funcionar
- Que son  Actuadores, como funcionan e facelos funcionar
- Os nosos Primeiros Proxectos
- Ata onde chegar?

O taller será impartido por Fernando A. Coladas, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D,  formador técnico en novas tecnoloxías con máis de 22 anos de experiencia profesional.
Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados.

Índice de contidos

• A nube: concepto e analoxías
• Por que almacenar na nube?
• Vantaxes e desvantaxes
• Dropbox
• Vinculación de conta
• Google Drive
• OneDrive
• Box

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital
Con 11 millóns de usuarios en España, Twitter en unha gran ferramenta para ampliar a túa rede de contactos e chegar aos teus clientes potenciais, creando una conversa arredor dos teus produtos e servizos, do mesmo modo que o fan as grandes empresas. Neste taller descubriras esta rede social e poderás ter unha visión certeira de se e unha ferramenta adecuada para o teu negocio e como che pode axudar a atraer o teu publico obxectivo.

Índice de contidos

•  Qué e Twitter y cales son as súas utilidades
•  Creación y configuración da túa conta
•  Primeiros pasos
•  Glosario de termos
•  Estratexia en Twitter para o teu negocio
•  Twitter Analytics
•  Casos de éxito

O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
Dar a coñecer e informar as empresas dos beneficios do uso das redes sociais no sector turístico e as posibilidades de cada unha delas para promocionar o teu negocio e conseguir unha interacción co público co fin de aumentar os beneficios tanto económicos como
promocionais.

Índice de contidos:

• Turismo enfocado as redes sociais
•Normas de comportamento nas redes sociais
• Interacción e contido
• Aplicacions e ferramentas complementarias
• Casos prácticos de éxito

Este obradoiro será impartido por Alberto Ribas, experto en redes sociais e comunicación online, formador e community manager especializado no sector turístico e gastronómico, ademais de recoñecido blogger galego e colaborador con varios medios de comunicacion, con máis de 5 anos de experiencia na xestión de redes sociais.