Eventos
Eventos
Buscador
21/03/2018 11:00
Este taller vai dirixido a todas as empresarias e empresarios que desexen iniciarse no mundo da impresión 3D. Índice de contidos - Historia de impresión 3D - Como funciona e partes dunha impresora - Thingiverse - BlockSCAD - FreeCAD - Slic3 r - Cura O taller será impartido por Fernando A. Coadas, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, formador técnico en novas tecnoloxías con máis de 22 anos de experiencia profesional.
21/03/2018 19:00
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google, como Google Analitics, Google AdWords, ou Youtube Analitics; e outras plataformas e formatos externas, como documentos Excel, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, ademais de colleitar todos os datos necesarios, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos con compañeiros en tempo real e envialos vía email aos teus clientes. Índice de contidos • Que é Google Data Studio? • Primeiros pasos para configurar Google Data Studio • Coñecendo o editor de Google Data Studio • Crear informes a partir dun persoal • Crear informes personalizados desde cero • Sacar informes en PDF • Limitacións de Google Data Studio O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Este é un termo que nos acompaña desde hai uns anos, pero, ¿en que consiste verdadeiramente o Márketing Gastronómico? Son todas aquelas ferramentas de márketing adaptadas a un sector complexo e en constante cambio como é a hostalería. Aprenderemos cales son esas ferramentas e veremos como axustalas á nosa realidade. Índice de contidos . Que é o Márketing Gastronómico . Método para levar adiante un plan de márketing . Comunicación: non só hai que ser bo, tamén parecelo Este taller será impartido por Elena Vitoria, CEO da empresa Cartablanca Consultoría Gastronómica que desenvolve a súa actividade no asesoramento, formación e reciclaxe de modelos de negocio de hostalería e gastronomía e creación de novos produtos gastronómicos.