Eventos
Eventos
Buscador
Neste obradoiro explicaranse os conceptos básicos para poder instalar e configurar unha devasa de software libre, para protexer a nosa rede privada. Evitando na medida do posible, ataques desde o exterior, roubo de información, accesos indebidos, etc. Índice de contidos Que é un Firewall ou devasa? Como funciona? Regras dun Firewall. Tipos de Firewall. Distribucións Firewall gratuítas. O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando máis de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
19/03/2018 19:00
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a sua propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente Índice de contidos • Configuración avanzada dos productos • Crear promocions, descontos e outras características extra • Engadir proteccions profesionais para os datos dos teus clientes • Addons para woocommerce O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.