Eventos

Buscador

    a
Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda  online cunha catálogo non moi amplo. É un   plugin de  WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda  online. Neste obradoiro ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos. 

Índice de contidos:
- Elementos a ter en conta.
- Instalación de  Woocommerce e consideracións importantes.
- Configuración de  Woocommerce.
- Produtos Simples.
- Produtos Agrupados.
- Produtos Externos/Afiliados.
- Produtos Variables.
-  Plugins (seguridade, pedidos, campos…).

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
O obradoiro consistirá en orientar aos usuarios para realizar un plan de márketing co obxectivo de aumentar o número de clientes durante estas datas. Aprenderán cales son as ferramentas e os pasos que han de seguir para que a campaña sexa exitosa.

Índice de contidos:
- Aumenta as túas vendas durante estas festas
- Como facer uso das túas redes sociais
- Que actividades pódense realizar
- Google  Adwords e Facebook  Ads
- Ferramentas de monitoraxe
- Exemplos de campañas exitosas

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma.

Neste obradoiro adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. 

Índice de contidos: 
•   Introdución a Instagram
•  Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
•  O perfil de empresa en Instagram
•  Estratexia de contidos
•  Marcas nas que inspirarte

O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
O marketing turístico é un dos que maiores transformacións está a ter na era dixital. Hoxe en día xa non se poden facer plans de marketing que non incluan un plan de marketing dixital.

O marketing dixital turístico e as súas ferramentas permiten as empresas turísticas alcanzar novos clientes e medrar online.

Unha boa xestión do marketing online fará a túa empresa turística sexa máis competitiva.

Índice de contidos:
. Introdución.
. Que é o Márketing Dixital?
. Márketing de contidos e as súas estratexias
. Ferramentas de Márketing Dixital.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.