Eventos
Eventos
Buscador
26/10/2017 19:00
Neste obradoiro trataranse de mostrar os pasos técnicos necesarios para dispor dun espazo web propio en internet que nos proporcione unha imaxe de empresa, marca ou produto coa que identificarnos e diferenciarnos. Será “a nosa casa” na rede, onde usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos de contacto e información de interese sobre os produtos e servizos que ofrecemos. Índice de contidos • Diferenciemos o que é a web e o que é internet • A túa dirección web será a túa marca, escolle ben! • Non te enlees coas páxinas web, dedícate a crear os contidos • Teño un nome, sei quen son: ó choio! Exemplo de ferramenta coa que poder montar a túa web en 50 minutos • E, finalmente, como darnos a coñecer na rede O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando máis de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
26/10/2017 19:00
Este obradoiro está dirixido a empresarios e empresarias de pequenas e medianas empresas, persoas emprendedoras e autónomos, que desexen aprender a empregar as ferramentas necesarias para crear o seu primeiro sitio web e profundar no mundo do deseño, desenvolvemento e xestión dunha web co CMS Wordpress. Índice de contidos • Instalación de WordPress. • Administración da web. • Configuración básica. • Manexo dos temas. • Engadir entradas ó blog. • Engadir páxinas á web. • Xestión de menús. • Xestión de plugins. • Xestión de widgets. • Xestionar comentarios. O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas
Rexistro
Calendario eventos
« | Outubro 2017 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
- Programación con Arduino Módulo II - Parte I15 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento