Eventos
Eventos
Buscador
Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo. É un plugin de WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda online. Neste obradoiro ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos. Índice de contidos: - Elementos a ter en conta. - Instalación de Woocommerce e consideracións importantes. - Configuración de Woocommerce. - Produtos Simples. - Produtos Agrupados. - Produtos Externos/Afiliados. - Produtos Variables. - Plugins (seguridade, pedidos, campos…). O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
18/09/2018 19:00
O obradoiro consistirá en orientar aos usuarios para realizar un plan de márketing co obxectivo de aumentar o número de clientes durante estas datas. Aprenderán cales son as ferramentas e os pasos que han de seguir para que a campaña sexa exitosa. Índice de contidos: - Aumenta as túas vendas durante estas festas - Como facer uso das túas redes sociais - Que actividades pódense realizar - Google Adwords e Facebook Ads - Ferramentas de monitoraxe - Exemplos de campañas exitosas O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
18/09/2018 19:00
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste obradoiro adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos: • Introdución a Instagram • Por que a miña empresa debería estar en Instagram? • O perfil de empresa en Instagram • Estratexia de contidos • Marcas nas que inspirarte O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
18/09/2018 19:00
O marketing turístico é un dos que maiores transformacións está a ter na era dixital. Hoxe en día xa non se poden facer plans de marketing que non incluan un plan de marketing dixital. O marketing dixital turístico e as súas ferramentas permiten as empresas turísticas alcanzar novos clientes e medrar online. Unha boa xestión do marketing online fará a túa empresa turística sexa máis competitiva. Índice de contidos: . Introdución. . Que é o Márketing Dixital? . Márketing de contidos e as súas estratexias . Ferramentas de Márketing Dixital. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Rexistro
Calendario eventos
« | Setembro 2018 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento