Eventos

Buscador

    a
Iniciamos un novo itinerario formativo co obxectivo de mostrar e divulgar as distintas ferramentas xa dispoñibles con Intelixencia Artificial Xerativa, faremos 3 obradoiros formativos, un dedicado a ferramentas xerativas de texto, outro a ferramentas xerativas de imaxe e un terceiro con ferramentas xerativas de vídeo.

“Ferramentas de texto con IA – Chat GPT, Gemini e Mixtral.” É un obradoiro formativo para coñecer e comezar a utilizar ferramentas que usan modelos de IA xerativa de textos como Chat GPT, Gemini de Google e Mixtral de código aberto e execución en local, veremos algunhas recomendacións para xerar prompts e diversos exemplos de xeración de textos.

Índice de contidos:
- Que é Chat GPT e os modelos de IA xerativa de texto?
- Como interactuar con modelos de IA xerativa de texto
- Chat GPT
- Gemini Pro
- Mixtral, a opción de código aberto
- Exemplos de uso

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.





O xoves 14 de marzo, ás 17:00 horas, celebrarase o networking de empresas turísticas. Este obradoiro terá lugar presencialmente na sala de xuntas, planta 0 do Pazo Provincial en Pontevedra. O evento constará de dúas partes: primeiro, desfrutaremos dunha charla informativa dirixida pola poñente María Agustina Pereira, xerente de SI SUBVENCIONES, quen compartirá información valiosa sobre as liñas de financiamento dispoñibles para o sector turístico. Despois, levarase a cabo unha sesión de networking na que todas as persoas asistentes terán a oportunidade de presentarse brevemente. O cupo é limitado a 25 participantes como máximo.