Eventos
Eventos
Buscador
07/05/2018 19:00
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a sua propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente Índice de contidos • Configuración avanzada dos productos • Crear promocions, descontos e outras características extra • Engadir proteccions profesionais para os datos dos teus clientes • Addons para woocommerce O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
07/05/2018 19:00
O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer ferramentas de retoque como o editor de fotografía Pixlr, gratuíto, que non necesita descargarse e que é de manexo básico e fácil. Subministraranse fotos para converter o fondo a branco puro, borrar imperfeccións ou redimensionalas ao tamaño requirido por Amazon, entre outras ferramentas de edición Índice de contidos: 1. Coñecer as recomendacións xerais para mellorar as fotos. 2. Requisitos de calidade estética e técnica das imaxes que esixen Amazon, Ebay, Googleshopping e Etsy. 3. Introducirnos no editor de fotografía Pixlr, para coñecer como: • Limpar manchas ou impurezas do produto • Suprimir ou borrar elementos da imaxe • Modificar contraste e brillo • Intensificar as cores • Seleccionar fondo • Branquear o fondo • Redimensionar a imaxe • Gardar O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.