Eventos

Buscador

    a
Internet supón un cambio na toma de decisión do cliente á hora de escoller un establecemento ou outro. O que antes se facía a través do boca a boca, hoxe, co uso da internet e os dispositivos móbiles, estamos expostos a diferentes portais ou foros onde estas opinións poden resultar beneficiosas sabendo como xestionalas. 

Índice de contidos:

• Internet e tecnoloxías da información: 
• Exemplos de Portais de opinión.
• Ferramentas de monitoraxe.
• Técnicas de márketing útiles.
 
Este taller será impartido por Eva Fernández, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector en Xestión, Promoción e Comercialización de destinos e empresas turísticas.
A través de Google Street View | Trusted pódese lograr que as imaxes dos seus negocios estean dispoñibles en Google Maps, Google+ e nos resultados de procura de Google. Desta forma, poderá conseguir atraer a un maior número de clientes de todo o mundo xa que, cada día, millóns de clientes empregan os seus móbiles, tablets ou ordenadores para realizar as procuras de restaurantes, hoteis ou negocios. 

Para iso, realizarase un obradoiro o máis funcional posible, creando a ficha dun negocio real dalgún dos asistentes, xa que todo quedará moito máis claro se se ensinan os conceptos e as funcións reais de Google My Business desde unha perspectiva práctica. 

Índice de contidos: 
1-	Creación de fichas: Localiza o teu negocio e dá visibilidade en Google 
2-	Ti sitio web gratuíto: Creación dunha páxina web básica que nos permita poñer cara ao noso neocio nas procuras da internet. 
3-	A importancia de manter o noso negocio actualizado. Imaxe e visibilidade 
4-	Street View | Trusted: Abre as portas do teu negocio aos ollos do mundo 

Este obradoiro será impartido por Antón Barbosa, fotógrafo coa certificación de Fotógrafo de Confianza de Google Street View | Trusted e que actualmente colabora neste proxecto de Google. Así mesmo, é fotógrafo social e cos seus traballos busca dar unha visión propia á fotografía de eventos, primando o natural e o espontáneo. Accedendo á súa páxina web (www.antonbarbosa.com), poderedes ver algún dos seus proxectos. 
O obxectivo desde obradoiro é mostrar as claves para a realización de fotos que comuniquen e inviten á experiencia, aprender cales son eses elementos da composición visual que te axudaran a facer fotografías que transmitan a esencia do teu establecemento turístico e do espazo rural que o rodea.

Índice de contidos
•   A clave esta en comunicar
•   É o equipo un factor determinante a hora de acadar fotografías atractivas?
•   Cales son os elementos básicos que se requiren para fotografía co SmartPhone?
•   Antes de disparar ha de saberse mirar.
•   A regra dos terzos
•   Que se precisa para gravar un vídeo?
•   Softwares mais empregados para crear presentacións con fotos e vídeos
•   Conclusións

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.