Eventos
Eventos
Buscador
Internet supón un cambio na toma de decisión do cliente á hora de escoller un establecemento ou outro. O que antes se facía a través do boca a boca, hoxe, co uso da internet e os dispositivos móbiles, estamos expostos a diferentes portais ou foros onde estas opinións poden resultar beneficiosas sabendo como xestionalas. Índice de contidos: • Internet e as tecnoloxías da información • Exemplos de Portais de opinión. • Ferramentas de monitoraxe. • Técnicas de márketing útiles. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballei como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
26/07/2018 19:00
Este obradoiro presentara unha introdución sobre a rede social facebook e as posibilidades que ofrece para os negocios e como medio publicitario. Realizarase tamén unha breve introdución a instagram. Índice de contidos: • Introducción a Facebook • Crear unha páxina de empresa • Aprendendo a anunciar en Facebook • Instagram para empresas • Ferramentas para ter éxito en Facebook Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación.