Eventos

Buscador

    a
Identidade dixital corporativa, reputación  online, suplantación de identidade,  phishing,  pharming,  cybersquatting,  typosquatting,  DDoS, fuga de información, etc., etc. Estas son só algunhas das ameazas que nos axexan na internet. Hoxe en día é necesario ser moi consciente destas ameazas, saber recoñecelas, evitalas e protexerse delas.

Índice de contidos:

1.- Por que os  ciberataques son exitosos?
2.- Como se ataca?
3.- Algúns perigos.
4.- O esquema nacional de Seguridade  Cibernética.
5.- Como protexer a miña empresa?

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Este obradoiro ten como obxectivo presentar as funcionalidades e principais características de diferentes plataformas online para crear e xestionar e-commerce.

Índice de contenidos:
• E-commerce: creación e xestión online
• Shopify
• Oleoshop
• Comandia Shop
• Tendas creadas con estas plataformas
• Plataformas E-commerce online. Outros exemplos
• E-commerce. Información adicional"

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa.

Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes.

Índice de contidos:
• Necesidades de autónomos e micropemes
• Definicións
• Ferramentas gratuítas
• Caso practico

Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación.

O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.

Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google.

Índice de contidos:
"• Google My business
o Que é?
o Servizos que oferta
o Como funciona?
o Vantaxes
• Google Adwords Express
o Que é?
o Como funicona?
o Vantaxes
• Diferenzas entre Google Adwords y Google Adwords Express
• Coste dos servizos

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
12/07/2018 19:00
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos en xeral, explicarase de xeito práctico como crear anuncios segmentados na plataforma Facebook. Estes anuncios son vitais e forman parte da estratexia de mercadotecnia do seu negocio. Farase fincapé en cales deberían ser as estratexias das empresas das persoas asistentes. Recoméndase ter xa conta en Facebook para realizar as prácticas.

Índice de contidos:
•  Que é Facebook Ads?
•  Cales son as súas principais vantaxes?
•  Tipos de anuncios en Facebook
•  Estrutura das campañas de Facebook Ads
•  Vantaxes que ofrece o Power Editor
•  Como crear unha campaña co Power Editor
•  Como creo un conxunto de anuncios co Power Editor
•  Como configurar a mensaxe publicitaria segundo o tipo de anuncio
•  Público: o poder dunha boa segmentación
•  Optimización e prezos

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.