Eventos
Eventos
Buscador
24/04/2018 19:00
Neste obradoiro aproximarémonos ao mundo do IoT. Describiremos que é, cales son as súas características e os elementos que interveñen. Co fin de aproximar esta tecnoloxía aos usuarios, farase unha pequena demostración. Índice de contidos: - Que é IoT? - Manifesto IoT de Arduino. - Elementos que interveñen en IoT. - As tres preguntas para calquera proxecto IoT. - Pequena demostración práctica. O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto. O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha empatía cara á marca. O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de engagement posible. Índice de contidos Que é o márketing de contidos? Vantaxes de realizar unha estratexia baseada no márketing de contidos Formatos e horarios óptimos A importancia de ter un timming mensual Conclusións"" O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.