Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro está orientado a aproximarnos ao mundo dos Drons, as normativas, os tipos de drons, as súas diversas aplicacións en enxeñerías así como achegarnos ao software maioritariamente utilizado no emprego de drons. Sen dúbida será un percorrido moi proveitoso polas diversas posibilidades que ofrece este mundo e todas as pequenas características que acaban marcando a diferenza; todo iso seranos exposto por un experto que leva anos traballando con esta tecnoloxía no campo da enxeñería. 

O obradoiro impartirase na Oficina de SmartPeme, situada no viveiro de empresas de Barro-Meis.

Índice de contidos: 

1. Lexislación actual, real decreto 1036/2017 15 de decembro 
2. Tipos de drons e aplicacións 
3. Sensores 
4. Características dos sensores 
5. Aplicacións en enxeñería agrícola 
6. Aplicacións en construción e enxeñería civil 
7. Aplicacións industriais e minería 
8. Software máis utilizado 
9. Ficheiros xerados e tipos de arquivos 
10. Imaxes e datos xeorreferenciados 

O obradoiro será impartido por un membro da empresa InPek Drone, especializada no asesoramento agrícola, dedicándose á agricultura de precisión e mapeo forestal utilizando drons equipados con sensores. Ademais, realizan inspeccións de paneis solares, infraestruturas, construción, industria, redes e sistemas eléctricos, parques eólicos…
Neste obradoiro mostrase a autónomos e micropemes a evolución e tendencias do comercio electrónico, as ferramentas que existen e que están á súa disposición e os aspectos chave que deben ter en conta á hora de optar por unha ou outra solución.

Índice de contidos

• Evolución e perspectivas do comercio electrónico en España
• Tipos de plataformas de venda en liña
• Como elixir a plataforma máis adecuada para o teu negocio

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.