Eventos
Eventos
Buscador
02/05/2018 19:00
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a súa propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente. Baseado no xestor de contidos Woocommerce, este taller intégrase nun itinerario formativo de comercio electrónico que ten a súa continuación co módulo 2 do devandito taller. Debido a que o taller partirá da asunción de certos coñecementos informáticos básicos por parte do asistente considérase que teñen un nivel medio de dificultade. Índice de contidos • Xestores de tendas online: Prestashop, Magento, WooCommerce • Elixir un entorno de aloxamento rápido e seguro • Instalación de Woocommerce • Elixir o tema adecuado para a tua web • Métodos de pago e métodos de entrega • Engadir categorías e productos "O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
02/05/2018 19:00
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos: • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións" O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
02/05/2018 19:00
Este obradoiro está dirixido a empresarios e empresarias de pequenas e medianas empresas, persoas emprendedoras e autónomos, que desexen aprender a empregar as ferramentas necesarias para crear o seu primeiro sitio web e profundar no mundo do deseño, desenvolvemento e xestión dunha web co CMS Wordpress. Índice de contidos • Instalación de WordPress. • Administración da web. • Configuración básica. • Manexo dos temas. • Engadir entradas ó blog. • Engadir páxinas á web. • Xestión de menús. • Xestión de plugins. • Xestión de widgets. • Xestionar comentarios. O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.