Eventos
Eventos
Buscador
14/05/2018 19:00
Neste obradoiro móstranse as pautas para retocar as imaxes para páxina web e redes sociais desde o teléfono móbil . Ademais veremos como mellorar o momento da captura da imaxe para ter arquivos de maior calidade no retoque. Usaranse ferramentas gratuítas dispoñibles para iOs e Android: SnapSeed e Polarr Photo Editor. É necesario telas instaladas previamente para poder realizar as prácticas deste obradoiro. Índice de contidos • Introdución: débese retocar? • Axudemos ao noso móbil para conseguir un bo arquivo para retocar. • Práctica: Fotografar un bodegón co móbil. • SnapSeed : Ver o histograma e entendelo. • Axustar a imaxe valorando o histograma ( luz, contraste , sombras..) • Transformar a imaxe ( cortar, dar relación de aspecto e rotar ) • Corrección de imperfeccións coa ferramenta tirita. • Edición puntual , o segredo dun bo retoque. • Gardar arquivo editable e arquivo final. • Polarr Photo Editor : exportar a un tamaño preestablecido e engadir marca de auga nas nosas fotografías. O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
14/05/2018 19:00
Neste obradoiro aproximarémonos ao mundo do IoT. Describiremos que é, cales son as súas características e os elementos que interveñen. Co fin de aproximar esta tecnoloxía aos usuarios, farase unha pequena demostración. Índice de contidos: - Que é IoT? - Manifesto IoT de Arduino. - Elementos que interveñen en IoT. - As tres preguntas para calquera proxecto IoT. - Pequena demostración práctica. O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.