Eventos
Eventos
Buscador
29/05/2017 18:00
"Este obradoiro ten como obxectivo demostrar que a factura electrónica é una solución máis económica e eficaz que a factura convencional, xa que pehrmite reducir custos (papel, medios de comunicación, etc.) e o tempo de xestión administrativa de calquera autónomo ou empresario. Coa facturación electrónica conséguese unha maior calidade de servizo que estes ofrecen, cuestión clave que repercutirá ó mesmo tempo nunha maior competitividade das empresas de Pontevedra. Índice de contidos • Que é a factura electrónica? • É obrigatorio facturar electronicamente? • Vantaxes que ofrece a facturación electrónica • Condicións que se deben cumprir • O proceso de facturación electrónica • Como podo facelo? • Software de xestión empresarial ERP (Enterprise Resource Planning) • Software Facturae – Facturación Electrónica 3.1 • Sedes electrónicas para a presentación de facturas electrónicas ás administracións públicas • FACe • Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
" Este obradoiro ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo. Índice de contidos Contido: 1º Trello • Que é? • Por que empregalo? • Comezando con Trello 2º Outros xestores de proxectos e tarefas 3º TOGGL: Contador de tempo O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
29/05/2017 19:00
"De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos • Introdución a Instagram • Por que a miña empresa debería estar en Instagram? • O perfil de empresa en Instagram • Estratexia de contidos • Marcas nas que inspirarte O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital."
29/05/2017 19:00
Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para eliminar brillos. Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga unha vez publicada. Índice de contidos Preparar o vehículo para a sesión fotográfica. Coñecementos básicos de fotografía para móbil e cámara profesional. A localización Que fondo usar para que o coche destaque? O foto reportaxe Cantas fotografías facer e que planos utilizar para describir un vehículo? Os mellores momentos do día e por que. Que é o raw e por que é necesario. Retoque dixital 1 Horquillado e HDR para mellorar a exposición Preparación da foto para subila a internet. Práctica. O taller será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais no sector da moda e no fotoperiodismo.
Rexistro
Calendario eventos
« | Maio 2017 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento