Eventos

Buscador

    a
Taller telemático vía Zoom.

“Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles” o obxectivo deste obradoiro é concienciar sobre a importancia de ter os nosos dispositivos móbiles cifrados e por que. A ferramenta que utilizaremos para cifrar é unha opción de seguridade para os nosos dispositivos móbiles, veremos como funciona e como podemos instalala.

Táboa de contidos:
-Por que cifrar o teu móbil.
-Opción de cifrado en dispositivos Android.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros formativos.