Ó rexistrarse no portal de SmartPeme poderá gozar dos siguintes servizos e actividades destinadas ós autónomos e pequenas empresas; priorizando naquelas con cinco ou menos traballadores e cun volume de negocio anual inferior a 2 millóns de euros:

  • Solicitar cita previa cun asesor TIC do punto SmartPeme máis próximo ó seu negocio
  • Realizar consultas online a través do chat co seu asesor especialista en Novas Tecnoloxías
  • Acceder á información, documentos e ferramentas tecnolóxicas máis apropiadas para cada empresa
  • Inscribirse en eventos e en actividades que se realizan nos puntos SmartPeme
  • Participar no foro TIC deste portal
  • Coñecer as axudas e as subvencións tecnolóxicas das diferentes entidades e administracións