Eventos

Buscador

    a
"Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa.
Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes.

Índice de contidos
• Necesidades de autónomos e micropemes
• Definicións
• Ferramentas gratuítas
• Caso practico

O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital."
Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para  eliminar brillos. 
Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga  unha vez publicada.

Índice de contidos
Preparar o vehículo para a sesión fotográfica.
Coñecementos básicos de fotografía para móbil e cámara profesional.
A localización Que fondo usar para que o coche destaque?
O foto reportaxe Cantas fotografías facer e que planos utilizar para describir un vehículo?
Os mellores momentos do día e por que.
Que é o raw e por que é necesario.
Retoque dixital 1  Horquillado e HDR para mellorar a exposición
Preparación da foto para subila a internet.
Práctica.

O taller será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais no sector da moda e no fotoperiodismo.