Eventos

Buscador

    a
"Neste taller práctico aprenderás as cuestións básicas da túa cámara para que poidas obter as fotos que ti queres e non as que ela faga por si soa. Coñecerás que tipo de iluminación podes usar para fotografar os produtos e como preparar a foto para subila a redes sociais ou a unha páxina web. 

Índice de contidos
• Introdución
• Coñeces a túa cámara? Simulador virtual de cámara.
• Equipo necesario: iluminación, fondo, e/ou cubo de luz.
• Técnicas de fotografía no sector Moda.
• Para a práctica tomar en conta o seguinte:
1º  É indispensable o uso dunha cámara digital que teña o modo manual. 
2º Cada participante pode traer unha peza, xa sexa roupa (coa súa percha) ou calzado. Si alguén quere levar un maniquí tamén é aceptable.
3º En caso de non dispoñer de cámara digital pódese aceptar o uso do móbil, a condición de que a cámara deste sexa de máis de 10 megapíxeles. E haberse descargado a aplicación Camera Zoon FX (para Android) ou Camera (para iOS).
•  Edición e preparación da foto para subila a internet.

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo."
"Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web.
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas.

Índice de contidos
• Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
• Como funciona Google Analytics?
• Creación dunha conta 
• Creación e instalación do código de seguimento
• Conceptos e métricas básicas
• Informes estándar ¡Mans á obra!

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce"