Eventos

Buscador

    a
"Este obradoiro ten como obxectivo amosar de forma práctica as aplicacións básicas e elementais que calquera empresa/autónomo debe manexar no día a día do seu negocio.

Índice de contidos
• Ferramentas ofimáticas
• Correo electrónico
• Seguridade: protección contra virus e copias de seguridade.
• Acceso en remoto

O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital."
"Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que mellorar a nosa imaxe de marca, coidando a nosa identidade visual, dentro dos nosos correos electrónicos. Valoraremos ferramentas que facilitan a creación de modelos profesionais e que nos permitan combinar as nosas bases de datos coa información, conseguindo unha resposta áxil e personalizada cara ós nosos clientes e colaboradores, onde poderemos mostrarlles os nosos servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. 

Índice de contidos
• Introdución: marca persoal
• Crea a túa sinatura profesional
• Xera o teu persoal HTML para mercadotecnia por correo electrónico
• Configura Gmail para respostas estándar
• Crea as túas BB. DD. en Excel para correos personalizados
• Configura o teu persoal de correo para a combinación de correspondencia

O Obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online"