Eventos

Buscador

    a
"Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web.
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas.

Índice de contidos
• Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
• Como funciona Google Analytics?
• Creación dunha conta 
• Creación e instalación do código de seguimento
• Conceptos e métricas básicas
• Informes estándar ¡Mans á obra!

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."
"Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. 
Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida.

Índice de contidos
• Introdución
• Crea a campaña
• Grupos de anuncios
• Palabras clave
• Crea os anuncios
• Deseña a páxina web de destino
• Establece o orzamento
• A poxa 
• Realiza un seguimento das conversións
• Interpreta os datos
• Optimiza as campañas

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
"O tema que se abordará neste curso correspóndese coa segunda parte do obradoiro Google Analytics: Iniciación á analítica Web.
Nesta parte centrarémonos en interpretar os datos dos informes máis importantes e en entender as diferentes métricas e dimensións.
A idea principal que se busca alcanzar é poder chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. 

Índice de contidos
• Dimensións métricas e valores 
• As vistas
• Os obxectivos 
• Embudes de conversión
• Referencia de tráfico de campañas

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce"