Eventos

Buscador

    a
Coa regulación das vivendas de uso turístico en Galicia e noutras Comunidades, ábrese un marco legal na súa comercialización en liña. 

Neste taller analizaremos algunhas das plataformas dixitais existentes no mercado que dan servizos de promoción e venda do noso aloxamento permitindo á viaxeiro confirmación en tempo real dos seus reservas.

O obradoiro será impartido por Eva Fernández, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector en Xestión, Promoción e Comercialización de destinos e empresas turísticas.
Este obradoiro impartiranse no Viveiro de Empresas da Estrada

Obradoiro dirixido a usuarios de WordPress con un coñecemento básico que desexen afondar no uso das ferramentas necesarias para a creación e optimización da súa web co CMS WordPress.

Este obradoiro basease na premisa de que os asistentes están familiarizados con WordPress ou teñen asistido ao taller básico de WordPress.

Índice de contidos

• Xestión de usuarios
• Exportar e importar contido
• Actualizacións
• Plugins de interese
• Integración con redes sociais
• Formularios
• Ferramentas básicas de SEO e analítica
• Copias de seguridade
• Repositorios de temas

O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC.
As follas de cálculo son un dos programas máis estendidos no ámbito empresarial dada a súa versatilidade e posibilidades, pero de cando en cando aproveitamos o seu potencial real. Neste obradoiro, enfocado para usuarios con coñecementos previos en follas de cálculo, abordarase o uso de funcións avanzadas e as posibilidades que existen ao combinar varias delas. En próximas edicións continuaremos profundando na materia.

Índice de contidos

1.- Introdución: As follas de cálculo e a súa utilidade
2.- As referencias a celas e a rangos
3.- Funcións matemáticas simples
4.- Funcións lóxicas ou de control de fluxo
5.- Funcións matemáticas condicionais
6.- Funcións de procura e de referencia


O obradoiro será impartido por  Enrique Vara, Licenciado en Economía e Máster en Administración e Dirección de Empresas, quen actualmente desempeña o seu labor profesional en  KPMG. A súa experiencia no uso de follas de cálculo céntrase no ámbito da análise de datos e a análise financeira.
O obradoiro vai dirixido a todos aqueles emprendedores e empresarios que necesiten modernizar o modo nos que se comunican os seus traballadores, tendo sempre en conta que a comunicación en tempo real permite tanto a innovación, como a competitividade. Coa velocidade de desenvolvemento vertixinosa de hoxe en día, é necesario simplificar a comunicación e apostar por unha organización accesible a todos. Coñeceremos unha ferramenta moi útil e versátil como "" SLack"" para poder levar a cabo todas estas ideas.  

Índice de contidos

1. Traballo en equipo.
2. Simplificación da comunicación.
3. Procura da información.
4. Optimización de fluxos de traballo.
5. Exemplo práctico.  Slack.

O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
"
Neste obradoiro móstranse as pautas para retocar as imaxes para páxina web e redes sociais desde o  teléfono móbil . Ademais veremos como mellorar o momento da captura da imaxe para ter arquivos de maior calidade no retoque.

Usaranse ferramentas gratuítas dispoñibles para  iOs e  Android:   SnapSeed e  Polarr  Photo Editor. 

É necesario telas instaladas previamente para poder realizar as prácticas deste obradoiro.

Índice de contidos

• Introdución:  débese retocar?
• Axudemos ao noso móbil para conseguir un bo arquivo para retocar.
• Práctica: Fotografar un bodegón co móbil.
•  SnapSeed : Ver o histograma e entendelo.
• Axustar a imaxe valorando o histograma ( luz, contraste , sombras..)
• Transformar a imaxe ( cortar, dar relación de aspecto e rotar )
• Corrección de imperfeccións coa ferramenta  tirita.
• Edición puntual , o segredo dun bo retoque.
• Gardar arquivo  editable e arquivo final.
•  Polarr  Photo Editor : exportar a un tamaño preestablecido e engadir marca de auga nas nosas fotografías. 

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.