Eventos

Buscador

    a
"Neste obradoiro trataranse de mostrar os pasos técnicos necesarios para dispor dun espazo web propio en internet que nos proporcione unha imaxe de empresa, marca ou produto coa que identificarnos e diferenciarnos. Será “a nosa casa” na rede, onde usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos de contacto e información de interese sobre os produtos e servizos que ofrecemos.

• Diferenciemos o que é a web e o que é internet
• A túa dirección web será a túa marca, escolle ben!
• Non te enlees coas páxinas web, dedícate a crear os contidos
• Teño un nome, sei quen son: ó choio! Exemplo de ferramenta coa que poder montar a túa web en 50 minutos
• E, finalmente, como darnos a coñecer na rede

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
"Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio.


• Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces
• Termos máis usados no deseño gráfico
• Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe.
• Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes.
• Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual.
• Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños.
• Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños.
• Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa)
• Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com)

O obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online."
"Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

• Introdución ao E-mail Marketing
• Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
• Deseño en E-mail Marketing
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."