Eventos

Buscador

    a
Este taller está dirixido a empresarios e empresarias que desexen ter un primeiro contacto coa plataforma de hardware libre Arduino, baseado nunha placa cun  microcontrolador de deseño libre e deseñada para facilitar o uso da electrónica en proxectos multidisciplinares.

Índice de contidos: 

Que é Arduino?
Características de Arduino.
Como funciona?
Tipos de Arduino.
Como instalar Arduino en  Windows?

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Este taller dirixido a pemes e autónomos, e emprendedores onde se tratará de contextualizar e mostrar o cambio que está a sufrir o sector turístico a través da evolución das novas tecnoloxías e o emprego das Redes Sociais. Neste taller desvelaremos as claves de por que unha empresa turística debe facer uso da súa presenza na internet e de por que debe de estar en Redes Sociais.

Índice de contidos

Contexto do Cambio
Como afecta o turismo e ás empresas turísticas
Social Media en Turismo e Hostalería 
Un percorrido polas Redes Sociais
Plataformas ou foros específicos onde se opina de turismo
Aspectos a ter en conta
Conclusións

O obradoiro será impartido por Eva Fernández Gómez, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de empresas turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector turístico en Xestión, promoción e comercialización de destinos e empresas turísticas.
Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para  eliminar brillos. 
Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga  unha vez publicada.


Índice de contidos

Preparar o vehículo para a sesión fotográfica.
Coñecementos básicos de fotografía para o móbil e cámara profesional.
A localización ¿Que fondo usar para que o coche destaque?
O foto reportaxe ¿Cantas fotografías tomar e que planos usar para describir un vehículo?
Os mellores momentos do día e por que.
Que é o raw , e por que é necesario.
Retoque dixital  – Horquillado e HDR para mellorar a exposición
Preparación de la foto para subila a internet.
Práctica.

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Este obradoiro dirixido a pemes, autónomos e emprendedores. Se tes unha idea dunha  APP e sábesnos por onde empezar, neste evento axudarémosche a despexar as dúbidas, falarase dos pasos para realizar para o desenvolvemento de  APP e as plataformas que tes que utilizar, tamén se falase das distintas formas de  monetizar a  APP.

Explicaranse os diferentes trucos e accións de márketing para que o teu  APP sexa visible así como as distintas ferramentas imprescindibles para levar a cabo todo o proceso

Contidos:

•	Teño unha idea incrible
o	Aplicar metodoloxía Lean
o	Desenvolvemento de  MPV e  prototipado
o	Saír á rúa e validar

•	Vou facer unha  app que mole
o	Estudar mercado
o	En que plataforma desenvolvo
o	Modelo de negocio

•	  Coñeces o meu  app?
o        Publicación
o	  Posicionamento
o	  Ferramentas de métricas


O obradoiro será impartido por Avelino Correa. Fundador da  APP  CreapCuentos. Colaborador de eventos de emprendemento, con máis de 18 anos de experiencia no campo da Tecnoloxías de Información e Comunicación.