Eventos

Buscador

    a
"Neste obradoiro trataremos de iniciar tanto a persoal traballador autónomo como pequeno empresariado e a persoas emprendedoras nas claves para manter sempre protexidos os seus datos persoais e profesionais nos seus teléfonos intelixentes. Consellos xerais e tamén específicos para os sistemas operativos Android e iOS.

• A miña conta de correo de Gmail
• Versión web de Gmail como xestor de contas de correo electrónico. Configuración para recibir e enviar correos desde as contas que queira
• Xestionar os meus correos electrónicos de empresa
• Configurar as miñas firmas corporativas nos correos
• Axenda de contactos que facilita a comunicación con provedores e clientes
• Configuración de contas en iOS e Android


O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
"De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma.
Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. 

•   Introdución a Instagram
•  Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
•  O perfil de empresa en Instagram
•  Estratexia de contidos
•  Marcas nas que inspirarte


O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."