Eventos

Buscador

    a
Este taller dirixido a pemes e autónomos, e emprendedores onde se tratará de contextualizar e mostrar o cambio que está a sufrir o sector turístico a través da evolución das novas tecnoloxías e o emprego das Redes Sociais. Neste taller desvelaremos as claves de por que unha empresa turística debe facer uso da súa presenza na internet e de por que debe de estar en Redes Sociais.

Índice de contidos

Contexto do Cambio
Como afecta o turismo e ás empresas turísticas
Social Media en Turismo e Hostalería 
Un percorrido polas Redes Sociais
Plataformas ou foros específicos onde se opina de turismo
Aspectos a ter en conta
Conclusións

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Neste obradoiro explicarase que é e para que serve un logotipo. Recorreranse as características que debe ter un bo deseño e axustaremos as formas, tipografías e cores segundo o que queremos comunicar da nosa empresa. Aplicarase todo de forma práctica en Canva, onde todos crearán un deseño de logo real. Para isto é necesario ter unha conta creada en www.canva.com , ferramenta online e gratuíta de deseño.

Índice de contidos

• Que é, que importancia ten e que representa un logo.
• Características principais que debe ter.
• Analizar antes de deseñar.
• Que tipografías y cores escoller.
• Práctica, deseño de logotipo con canva.
• Consellos finais.

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.