Eventos
Eventos
Buscador
21/02/2017 19:00
"Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos • Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces • Termos máis usados no deseño gráfico • Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. • Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. • Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. • Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. • Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. • Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) • Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
21/02/2017 19:00
"Con este obradoiro preténdese informar as empresas da importancia que ten hoxe en día o comercio electrónico e darlles a coñecer as vantaxes que ofrece esta ferramenta. Traballarase o deseño e a estratexia que deberá ter a nosa tenda en liña para xerar bos resultados. Índice de contidos 1º Que é o comercio electrónico? 2º Vantaxes da venda en liña 4º Elementos básicos da nosa tenda 5º Plataforma Prestashop e Wordpress para o deseño da nosa tenda: • Personalizando a nosa tenda • O catálogo de produtos • Rexistro e área de usuario • Carriño da compra O obradoiro será impartido por Andrés Carrera, Inxeneiro Informático pola Universidade de Alcalá. Analista con máis de oito anos de experiencia no deseño, desenrolo e implementación de solucións software para empresas. Especialista en Aseguramento de Calidade do Software."
Rexistro
Calendario eventos
« | Febreiro 2017 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento