Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, e emprendedores onde se tratará de contextualizar e mostrar o cambio que está a sufrir o sector turístico a través da evolución das novas tecnoloxías e o emprego das Redes Sociais. Neste obradoiro desvelaremos as claves de por que unha empresa turística debe facer uso da súa presenza na internet e de por que debe de estar en Redes Sociais.

Índice de contidos

Contexto do Cambio
Como afecta o turismo e ás empresas turísticas
Social Media en Turismo e Hostalería 
Un percorrido polas Redes Sociais
Plataformas ou foros específicos onde se opina de turismo
Aspectos a ter en conta
Conclusións

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a sua propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente

Índice de contidos

• Configuración avanzada dos productos
• Crear promocions, descontos e outras características extra
• Engadir proteccions profesionais para os datos dos teus clientes
• Addons para woocommerce

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.