Eventos

Buscador

    a
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Índice de contidos
• Introdución ao E-mail Marketing
• Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
• Deseño en E-mail Marketing
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

O taller será impartido por  Noela Sánchez, enxeñeira técnica en Deseño Industrial con experiencia en técnicas de  escaneado,  fotogrametría e modelado 3D de produtos, arquitectura e recreación de contornas.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.

Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google.

Índice de contidos
• Google My business
o Que é?
o Servizos que oferta
o Como funciona?
o Vantaxes
• Google Adwords Express
o Que é
o Como funciona?
o Vantaxes
• Diferenzas entre Google Adwords e Google Adwords Express
• Coste destos servizos

Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación.
Índice de contidos

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles.

Índice de contidos
• Importancia dunha imaxe de marca en internet
• Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións)
• Introdución ás redes sociais.
• Técnicas especializadas para aumentar seguidores
• Imaxe e reputación en internet
• Ferramentas do día a día
• Publicidade en redes sociais

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
 Prezi é un programa de presentacións para explorar e compartir ideas sobre un documento virtual baseado na informática en nube (software como servizo). A aplicación distínguese pola súa interface gráfica con  zoom, que permite aos usuarios dispoñer dunha visión máis achegada ou afastada da zona de presentación, nun espazo

Índice de contidos:
-	Primeiros pasos en  Prezi: Crear Conta e Escoller Persoal.
-	A Interface de  Prezi: O lenzo, menú, barras, a contorna.
-	Cambiar o Fondo.
-	Inserir e Editar Textos.
-	Inserir unha Imaxe
-	Engadir, Modificar e Eliminar Marcos.
-	Creando e Ordenando as Rutas.
-	Inserir un  Link, Ligazón ou  Hipervínculo.
-	Inserir un Vídeo.
-	Como Engadir Efectos ás Imaxes.
-	Como facer animacións en  Prezi
-	Inserir un Documentos  Word, Excel ou PDF.
-	Agregar Música de Fondo, Sons ou Voz.
-	Compartir un  Prezi cos teus Amigos.

O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
O numero de consumidores que empregan habitualmente un dispositivo mobil para facer pagos, xa sexa un smartphone, tableta ou portatil, triplicouse no ultimo ano.
Este obradoiro ten como obxetivo dar a coñecer os diversos servizos que nos permiten empregar os nosos dispositivos mobiles como eficaces e seguras ferramentas de pago.

Índice de contidos
• Introdución: Historia e evolución dos medios de pago
• NFC e Contactless
• Servizos bancarios para pagos móbiles
• Apps móbiles

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.

O taller será impartido por  Noela Sánchez, enxeñeira técnica en Deseño Industrial con experiencia en técnicas de  escaneado,  fotogrametría e modelado 3D de produtos, arquitectura e recreación de contornas.
Coa regulación das vivendas de uso turístico en Galicia e noutras comunidades, ábrese un marco legal na súa comercialización  online. Neste taller analizaremos algunhas das plataformas dixitais existentes no mercado que dan servizos de promoción e venda do noso aloxamento permitindo á viaxeiro confirmación en tempo real dos seus reservas.

Este taller será impartido por Eva Fernández, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector en Xestión, Promoción e Comercialización de destinos e empresas turísticas.
Este taller pretende profundar e ampliar os coñecementos acerca da placa de Arduino, placa impresa cos compoñentes necesarios para que funcione un  microcontrolador e a súa comunicación co computador. Daranse os primeiros pasos no  desenvolvimiento de proxectos, a utilización de sensores e mostraranse as posibilidades que ofrece para a construción de dispositivos dixitais. 

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
1  2  Seguinte