A Deputación de Pontevedra e a Fundación EOI puxeron en marcha o proxecto “Proponte” - Actualidade
Actualidade
A Deputación de Pontevedra e a Fundación EOI puxeron en marcha o proxecto “Proponte”
Data: martes, 24 de febreiro de 2015
O proxecto "Proponte" é unha iniciativa promovida polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI), e pola Deputación de Pontevedra. Está cofinanciada con fondos FEDER e ten como obxectivo facilitar a aceleración de empresas da provincia de Pontevedra por medio de servizos de consultoría e asesoramento.
Con esta convocatoria búscase promover a participación no programa "Impulso innovador nas pemes de recente creación da provincia de Pontevedra", destinado a pemes de recente creación que establecesen o centro da súa actividade ou algún centro de traballo na provincia de Pontevedra.
Entre os servizos de consultoría para estas pemes da provincia de Pontevedra están:
· A realización dunha diagnose da situación actual
· A definición dun plan estratéxico para mellorar a súa competitividade
· O establecemento dun plan de acción para desenvolver o plan estratéxico
· O acompañamento á implantación da innovación definida
Desde os puntos CPAE preténdese facilitar o acceso á participación neste proxecto ós seus beneficiarios. Por este motivo, organizaranse sesións de difusión en cada un destes centros:
- Punto CPAE 2.0 de Pontevedra: 24 de febreiro ás 13:00 h
- Punto CPAE 2.0 de Vigo: 24 de febreiro ás 19:00 h
- Punto CPAE 2.0 de Cambados: 25 de febreiro ás 13:00 h
- Punto CPAE 2.0 de Lalín: 25 de febreiro ás 19:00 h
- Punto CPAE 2.0 de Ponteareas: 26 de febreiro ás 13:00 h
- Punto CPAE 2.0 do Porriño: 26 de febreiro ás 19:00 h
Para solicitar información relacionada con esta convocatoria ou inscribirse poden dirixirse á páxina web do proxecto http://www.eoi.es/fdi/proponte ou contactar a través do correo electrónico proponte@eoi.es
Fonte: Diputación de Pontevedra
Rexistro
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información