Eventos
Eventos
Buscador
Neste taller veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Periscope, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos. Índice de contidos • Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia • Youtube • Periscope • Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc. • Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas.
O obxectivo desde obradoiro é mostrar as claves para a realización de fotos que comuniquen e inviten á experiencia, aprender cales son eses elementos da composición visual que te axudaran a facer fotografías que transmitan a esencia do teu establecemento turístico e do espazo rural que o rodea. Índice de contidos • A clave esta en comunicar • É o equipo un factor determinante a hora de acadar fotografías atractivas? • Cales son os elementos básicos que se requiren para fotografía co SmartPhone? • Antes de disparar ha de saberse mirar. • A regra dos terzos • Que se precisa para gravar un vídeo? • Softwares mais empregados para crear presentacións con fotos e vídeos • Conclusións O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.