Eventos
Eventos
Buscador
22/02/2018 19:00
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida. Índice de contidos • Introdución • Crea a campaña • Grupos de anuncios • Palabras clave • Crea os anuncios • Deseña a páxina web de destino • Establece o orzamento • A poxa • Realiza un seguimento das conversións • Interpreta os datos • Optimiza as campañas O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
22/02/2018 19:00
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible. Índice de contidos • Introdución a LinkedIn • Como funciona LinkedIn • Optimización de perfil • Xeración de rede de contactos • Creación de páxina de empresas • Recomendacións finais
22/02/2018 19:00
Con este obradoiro preténdese informar as empresas da importancia que ten hoxe en día o comercio electrónico e darlles a coñecer as vantaxes que ofrece esta ferramenta. Traballarase o deseño e a estratexia que deberá ter a nosa tenda en liña para xerar bos resultados. Índice de contidos 1º Que é o comercio electrónico? 2º Vantaxes da venda en liña 4º Elementos básicos da nosa tenda 5º Plataforma Prestashop e Wordpress para o deseño da nosa tenda: • Personalizando a nosa tenda • O catálogo de produtos • Rexistro e área de usuario • Carriño da compra O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.