Eventos
Eventos
Buscador
21/02/2018 19:00
Neste obradoiro veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Periscope, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos. Índice de contidos • Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia • Youtube • Periscope • Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc. • Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
21/02/2018 19:00
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
21/02/2018 19:00
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google, como Google Analitics, Google AdWords, ou Youtube Analitics; e outras plataformas e formatos externas, como documentos Excel, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, ademais de colleitar todos os datos necesarios, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos con compañeiros en tempo real e envialos vía email aos teus clientes. Índice de contidos • Que é Google Data Studio? • Primeiros pasos para configurar Google Data Studio • Coñecendo o editor de Google Data Studio • Crear informes a partir dun persoal • Crear informes personalizados desde cero • Sacar informes en PDF • Limitacións de Google Data Studio O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas.