Eventos
Eventos
Buscador
16/01/2018 19:00
Este obradoiro presentara unha introdución sobre a rede social facebook e as posibilidades que ofrece para os negocios e como medio publicitario. Realizarase tamén unha breve introdución a instagram. Índice de contidos • Introducción a Facebook • Crear unha páxina de empresa • Aprendendo a anunciar en Facebook • Instagram para empresas • Ferramentas para ter éxito en Facebook O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
16/01/2018 19:00
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste obradoiro daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio. Índice de contidos Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais? Uso persoal vs. uso profesional Aspectos a ter en conta Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.