Eventos
Eventos
Buscador
14/02/2018 19:00
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións
14/02/2018 19:00
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google, como Google Analitics, Google AdWords, ou Youtube Analitics; e outras plataformas e formatos externas, como documentos Excel, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, ademais de colleitar todos os datos necesarios, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos con compañeiros en tempo real e envialos vía email aos teus clientes. Índice de contidos • Que é Google Data Studio? • Primeiros pasos para configurar Google Data Studio • Coñecendo o editor de Google Data Studio • Crear informes a partir dun persoal • Crear informes personalizados desde cero • Sacar informes en PDF • Limitacións de Google Data Studio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.