Eventos
Eventos
Buscador
06/04/2017 19:00
"Obradoiro dirixido a pemes e autónomos que queiran potenciar a rede social de Facebook para a consecución dos seus obxectivos, como a posta en marcha de promocións, o aumento de persoas seguidoras ou mesmo a creación dunha tenda en liña. No obradoiro aprenderás a alcanzar estes obxectivos a través destas aplicacións externas, que se integran perfectamente na rede social. Índice de contidos • Introdución • Crear novas aplicacións e pestanas en Facebook • Práctica: “Crear unha pequena tenda en liña en Facebook” • CoolTabs • EasyPromos • Trisocial • Tuapli O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce"