Eventos
Eventos
Buscador
"O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos • Google My business o Que é? o Servizos que oferta o Como funciona? o Vantaxes • Google Adwords Express O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web."
31/05/2017 19:00
"Este obradoiro ten como obxectivo amosar como crear e xestionar unha páxina profesional en Facebook desde cero. Dirixido a profesionais que non dispoñen de fan page e/ou que empregan un perfil persoal en vez dunha páxina de empresa. Índice de contidos • Que é Facebook? • Como facer un uso profesional de Facebook • Perfil, grupos e páxinas de Facebook. Diferenzas e utilidades • Crear unha páxina en Facebook • Configuración e xestión da nosa páxina • Crear público, crear publicacións, crear fitos e ofertas e crear eventos. • Ferramentas de publicación e estatísticas O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."