Eventos
Eventos
Buscador
29/11/2017 19:00
Este taller dirixido a pemes e autónomos, e emprendedores onde se tratará de contextualizar e mostrar o cambio que está a sufrir o sector turístico a través da evolución das novas tecnoloxías e o emprego das Redes Sociais. Neste taller desvelaremos as claves de por que unha empresa turística debe facer uso da súa presenza na internet e de por que debe de estar en Redes Sociais. Índice de contidos Contexto do Cambio Como afecta o turismo e ás empresas turísticas Social Media en Turismo e Hostalería Un percorrido polas Redes Sociais Plataformas ou foros específicos onde se opina de turismo Aspectos a ter en conta Conclusións O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
29/11/2017 19:00
Neste obradoiro explicarase que é e para que serve un logotipo. Recorreranse as características que debe ter un bo deseño e axustaremos as formas, tipografías e cores segundo o que queremos comunicar da nosa empresa. Aplicarase todo de forma práctica en Canva, onde todos crearán un deseño de logo real. Para isto é necesario ter unha conta creada en www.canva.com , ferramenta online e gratuíta de deseño. Índice de contidos • Que é, que importancia ten e que representa un logo. • Características principais que debe ter. • Analizar antes de deseñar. • Que tipografías y cores escoller. • Práctica, deseño de logotipo con canva. • Consellos finais. O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.